miércoles, 26 de enero de 2011

Proceso de independencia americano.


A Revolución americana comeza co conflicto entre os colonos de Nova Inglaterra e Gran Bretaña ,  o orixe do problema ten unha base económica .Os colonos pensaban que non debían pagar impostos mentres non puidesen elixir deptados no Parlamento Inglés,asique os colonos atacaron os barcos ingleses ingleses de té (Motín de Boston) e os britanicos bloquearon o porto de Boston.
Os representantes das Trece Colonias reunironse no primeiro Congreso de Filadelfia no que se redactou unha declaración de dereitos e se iniciaron  os primeiros movementos de armas. Thomas Jefferson foi o artifice da Revolución americana e redactou a Declaracion dos dereitos de Virxinia que foi base da Declaración de Independencia (4 xullo 1776).
Os colonos contaron coa axuda militar de Francia e España ,gañaron os colonos e isto levou á sinatura da Paz de Versalles en que Gran Bretaña recoñeceu a independencia de Estados Unidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario